"O futuro é de madeira"
Xustificación: A seguridade e saúde laboral son fundamentais en calquera industria, especialmente en contornas forestais e madeireiras onde os riscos poden ser significativos. Esta pílula aborda os protocolos de seguridade, riscos específicos do sector, e como as novas tecnoloxías poden mellorar a prevención de accidentes e enfermidades laborais.
Deseño: Proponse un enfoque práctico que inclúa casos de estudo, simulacións de situacións de risco, e uso de tecnoloxías de seguridade emerxentes para inspección de terreos e equipos de protección avanzados.
Metodoloxía: O curso basearase nun enfoque participativo e práctico para garantir a comprensión e aplicación efectiva dos conceptos de seguridade e saúde laboral. Utilizaranse exemplos específicos relacionados coa industria forestal-madeira e fomentarase o intercambio de experiencias entre os participantes.
"O futuro é de madeira"
Cursos Cofinanciados por: Axencia Galega da Industria Forestal.
#GaliciaéMadeira, #industriaforestalmadeira #XERAsavia #ElasXeranSector